Finalidade

Pretendemos conseguir a maior cantidade de cartos posible para mercar pañais, deterxente, desinfectantes e alimentos para os nenos e nenas do orfanato de Vorzel´

Visitámolos o verán pasado e hai un par de meses contactamos de novo coa directora para preguntarlle que necesidades básicas tiñan sen cubrir e así intentar axudarnos mutuamente.

A Cestiña que non é senón un precioso baúl feito por Anxo Lamas e cheo de cousiñas feitas tamén con moito cariño por Raquel, Cristina, Noemí, Lourdes e mais por min, será para a persoa que teña asignado o número que coincida coas tres últimas cifras do premiado no sorteo da Once do día 28 de febreiro de 2013



Sem comentários: