quinta-feira

VIAXE A UCRAÍNA (DÍA 4 DE 4)


KIEV – FRANKFURT – MADRID – MUIMENTA

Hoxe tampouco puxemos o espertador, entre a claridade que entra pola ventá e as idas e vidas dos nosos compañeiros de cuarto, foi doado espertar ás 9 da mañá. Almorzamos co leite, galletas, plátanos e pan que gardabamos na cociña e aseámonos para iniciar a longa viaxe de volta a casa.
Ás 11.30 xa estabamos no aeroporto de Boryspil dispostos a devolver o coche de aluguer que tan ben nos veu estes días. Deixámolo no aparcamento e o rapaz da axencia confirmou que todo estaba correcto. Dirixímonos entón aos mostradores de facturación e enviamos a nosa equipaxe, agora máis lixeira, con destino Madrid.




Con moita puntualidade embarcamos en Kiev para voar durante tres horas ata Frankfurt, alí estivemos cinco horas e reanudamos a viaxe ata tomar terra en Madrid ás doce da noite, aproximadamente.



Alí nos esperaba o noso coche ao que subimos de contado e que nos levou ata Muimenta case sen parar. Así chegamos a casa xusto cando Iago e Ánxela ían saír para o instituto, chegamos tamén a tempo de espertar a Paulo e deitar a Rosalía pois, a pobre, viña rebentada. Que ben o fixo!
Pouco despois tomamos unha ducha, unha abundante dose de café e así comezamos a xornada laboral cheos de satisfacción e endorfinas.

Moitas grazas por acompañarnos!!!


2 comentários:

Aivou disse...

Grazas a vós por darnos a oportunidade de acompañarvos.

Sabela disse...

:-****