segunda-feira

A CESTIÑA XA CAMBIOU DE FOGAR!!!

Hoxe pasamos unha tarde súper agradable visitando a Noemí na casa dos seus pais.

Alá fomos Ánxela, Rosalía e mais eu despois de merendar. Levámoslle a súa Cestiña e gozamos un montón descubrindo con ela esas cousiñas tan chulas que Cris, Raquel, Lourdes, Noe e Lamas nos axudaron a facer con tanto cariño e ilusión.


Estou segura de que para os nenos e nenas de Vorzel'  vai ser estupendo que lles levemos parte desas cousas que precisan e que mercaremos coa axuda que vós nos prestastes colaborando neste humilde proxecto, pero tamén teño total seguridade en que a satisfacción e ilusión que a nós nos fai nunca seremos quen de agradecérllela a eles!

Seguireivos contando como avanza isto. De momento falo a miúdo con Natasha que, desde Kiev, está en contacto coa Directora do orfanato de Vorzel' para concretar necesidades que poidamos satisfacer cos vosos 1020€ e disposta a facer unha longa lista para irmos xuntas de compras o mes que vén... 

Moitas, moitísimas grazas pola vosa colaboración!!! 

Sem comentários: