quarta-feira

SENTIMENTOS ENCONTRADOS

Ai! Sinto bolboretas no estómago e un montón de sentimentos encontrados: ilusión, preocupación, fortaleza, debilidade, decisión, inseguridade...

Penso que esta será a primeira vez que goce indo de compras. A carteira non é miña. É vosa. Nela teño 1090 € que axiña se convertirán en 11466,80 UAH. Si, esta mañá aínda eran 1020 pero cando me despedín de dúas amigas quixeron que levase outros 60 de parte delas, tamén a Rosalía lle deu a nosa veciña Gloria 10 € cando soubo que ía de viaxe para que os gastase por alá e ela decidiu que os gastaría mercándolles algún xoguetiño aos nenos e nenas do orfanato de Vorzel'. Que ben! 

En canto poida contareivos cousiñas e procurarei mantervos ao tanto de como avanza este humilde proxecto no que tantas ilusións teño postas. 

Moitas grazas a todas e cada unha de vós e, por suposto, aos nenos e nenas ucraínas por facelo posible.

Ah, por certo, desta volta levareime a Xiana. Non sabedes canto me leva axudado cos preparativos!!!  ;)




2 comentários:

Aivou disse...

É difícil comentar unha entrada coma esta... boa viaxe e boas compras :)
:o****

Sabela disse...

Moitas grazas Cris! A viaxe foi boa e as compras espero que moi útiles. Bicos!!